domingo, 14 de diciembre de 2008

Táboa periódica dos elementos químicos

Nesta web tedes unha táboa periódica interactiva para que curioseedes.

Para guiarvos un pouco, aquí vos deixo algunhas preguntas para responder (fixádevos ben que son moi sinxelas):

- Só dous elementos son líquidos a temperatura ambiente, cales? - Para que se utiliza o gas Argón? - De onde ven o nome de Iridio? - Que elemento sólido ten a temperatura de fusión máis alta?

A por elas!

Tema 4: Substancias e mesturas (1º ESO)

1º ESO
Tema 4: Substancias e mesturas
Mapa conceptual

lunes, 8 de diciembre de 2008

A rocha que absorbe CO2

Nova enviada por: Frida (2º ESO)
Fonte: El Pais, 24/11/08

Unha rocha que pode eliminar o CO2 atmosférico? Parece que si. Aínda queda moito que estudar, pero pode ser que a peridotita do manto que aflora á superficie poda usarse como un sumidoiro de diósido de carbono. A peridotita transfórmase, en combinación co CO2 en rocha caliza. Así que inxectamos auga mariña con CO2 na rocha, o CO2 combina con ela e a auga de mar a alta temperatura sae a presión á superficie sen o CO2. Explicado así parece fácil.

Esta reacción é un proceso natural que mediante a tecnoloxía poderíamos acelerar para eliminar case un 14 % do CO2 que botamos a atmosfera.

Mirade o gráfico. E o texto o tedes na web de El Pais.



Grazas Frida.

domingo, 30 de noviembre de 2008

A historia da Terra: exercicios prácticos

Para os de 4º de ESO e todos os que se animen.
Completade estes exercicios sobre a Historia da Terra (picade enriba do enlace par ir á web).

a) Datación por C14: aquí.
b) O proceso de fosilización: aquí.
c) Os fósiles: aquí.
d) Os fósiles 2: aquí.
e) A Historia da Terra: : aquí.
E por último un "xogo do aforcado": aquí.

Saúdos e que completedes todo.

Sobre fósiles, extincións e a Historia da Terra

Aquí vos enlazo varios vídeos sobre os fósiles, datación absoluta, idade da Terra, etc. Rebuscando en Yuotube podedes atopar máis. Estes son a miña selección:

1) "La edad de la Tierra: Geocronología". Sobre a idade da Terra, a datación absoluta, etc.



2) "Extinciones masivas". Sobre as diferentes causas das extincións e como afectaron á aparición de novas especies.



3) "La evolución de las especies". Primeira parte dunha serie espectacular ("Caminando entre monstruos") que amosa as especies prehistóricas reconstruídas.


4) "Planeta Tierra: la odisea de los orígenes". E este é o vídeo que vimos na aula (o primeiro corte) por se os de 4º ESO queredes repetir.



Espero que vos gusten... e que saquedes algo en claro. Enviade as vosas dúbidas aos comentarios.

Saúdos.

Tema3: Historia da Terra (4º ESO)

4º ESO
Tema 3: Historia da Terra
Mapa conceptual

sábado, 29 de noviembre de 2008

Accidente Nuclera: Chernobyl

Enviada especial: Andrea Carrillo (2º ESO)

O accidente de Chernobyl acontecido na dita ciudade de Ucrania o 26 de abril do 1986, foi o accidente nuclear máis grave da Historia, sendo o único que ha alcanzado a categoría do nivel 7 (o máis alto) na escala INES.



Aquel día, durante unha proba na que se simulaba un corte de suministro eléctrico, un aumento súbito de potencia no reactor 4 da Central Nuclear de Chernobyl, produceuse o sobrecaentamento do núcleo do reactor nuclear, o que terminou provocando a explosión do hidróxeno acumulado no seu interior. A cantidade de material radiactivo liberado, que se estimou foi unhas 500 veces maior ca liberada pola bomba atómica arroxada en Hiroshima en 1945, causou directamente a morte de 31 persoas, forzou ao goberno da Unión Soviética á evacuación dunhas 135.000 persoas e provocou unha alarma internacional ao detectarse radiactividad en diversos países de Europa septentrional e central.

En agosto do 1986, nun informe remitido á Axencia Internacional de Enerxía Atómica explicabanse as causas do accidente na pranta de Chernóbil. Éste revelou que o equipo que operaba na central o sábado 26 de abril de 1986 se propuso realizar unha proba coa intención de aumentar a seguridade do reactor. As bombas refrixerantes de emerxencia, en caso de avería, requerían dun mínimo de potencia para ponerse en marcha (ata que se arrincaban os xeradores diésel) e os técnicos da pranta descoñocían se, unha vez cortada a afluencia de vapor, a inercia da turbina podía manter as bombas funcionando.


Entre os produtos de fisión que se producen dentro do reactor, encontranse o xenón (Xe), un gas moi absorbente de neutróns. A temperatura alcanzaba os 2.500 °C e nun efecto chimenea, impulsaba o fume radiactivo a unha altura considerable. Ao mesmo tempo, os responsables da rexión comenzaron a preparar a evacuación da ciudade de Pripiat e dun radio de 10 km arredor da pranta. Esta primeira evacuación comenzou ao día seguinte de forma masiva e se concluyou 36 h despois. A evacuación de Chernóbil e dun radio de 36 km non llevouse a cabo ata pasados seis días do accidente. Para entón xa había máis de 1.000 afectados por lesiones agudas producidas pola radiación.

*INES: foi introducida pola OIEA para permiti-la comunicación sen falta de información importante de seguridade no caso de accidentes nucleais e facilitar o coñecemento dos medios de comunicación e a poboación da súa importancia en materia de seguridade.

Escala Internacional de Accidentes Nucleares*


*OIEA: pertence aos órganos conexos do sistema das Nacións Unidas.
Organismo Internacional de Energía Atómica*

Grazas a Andrea e noraboa

jueves, 27 de noviembre de 2008

Os estados da materia

Aquí tedes unha web na que están explicados moi clariño os estados da materia e o movemento das partículas en cada un deles. E por suposto as súas propiedades.


Na última pantalla podedes probar os vosos coñecementos.

Tema : Os estados da materia (1º ESO)

1º ESO
Tema 3: Os estados da materia
Mapa conceptual

martes, 4 de noviembre de 2008

Unha explicación de como se rompeu Pangea

Pangea é o supercontinente que se formou hai 300 millóns de anos a consecuencia da deriva continental. Onte publicouse unha nova na que investigadores españois explican como se rompeu Pangea. A explicación é, cando menos curiosa.

Complementa os nosos coñecementos de tectónica de placas e deriva contintental (atención, 4º de ESO!)


Fonte: Público e FECYT

sábado, 1 de noviembre de 2008

O consumo de enerxía en tempo real

Como comentamos en clase (2º ESO), nesta web de Red Eléctrica Española podedes consultar o consumo de enerxía en tempo real, e tamén consumos anteriores. É moi interesante.

Comparade estas dúas gráficas con detalle e veredes como o consumo do día 30/10 ás 22:00 chegou case aos 38.000 MW, mentras que o máis habitual nun día semellante a esa hora adoita ser de 35.000 MW.

Tamén podedes ver que o maior aporte de electricidad os fan as centrais de ciclo combinado. Nesta web tedes varios esquemas de como funcionan.

Ocúrresevos por que o consumo foi tan alto ese día? Para ver unha pista, seleccionade co rato a seguinte liña:
(Unha pista: consultade que tempo fixo nesa data ou cando chegou a "onda de frío polar")

A enerxía do limón e os metais

Con esta experiencia (2º ESO) comprobamos como se pode facer circular os electróns grazas a un limón e obter enerxía eléctrica a partir da enerxía interna do limón e os metais (cinc e cobre).

Fallounos a segunda parte, cando quixemos montar os limóns en serie xa que o zume non esperou por nós e nos quedamos sen materia prima tras deixar o experimento montado varios días.

En fin, que os experimentos non sempre saen como os plantexamos. Pero se queredes, podedes intentalo en casa. É moi sinxelo.

Construímos unha falla

Nada mellor que "facer para aprender", así que en 4º puxémonos mans á obra e fabricamos as nosas propias fallas. Unha falla é unha fractura nas rochas superficiais da Terra. Construímos 3 tipos de fallas: a) de salto en buzamento normal, b) de salto en buzamento inverso y c) de cizalla esquerda.

Este foi o proceso:

1) Preparamos os bloques de muro e de teito con porespan; 2) seguindo o libro, marcamos os estratos do terreo; 3) cada estrato vai dunha cor para distinguilos; 4) lixamos os planos de falla para distinguir as estrías

5) e 6) proceso de pintado dos estratos; 7) deixamos secar; 8) preparamos as banderiñas cos elementos da falla

9-12) Estes son os resultados

Tema 2: A enerxía interna e o relevo (4º ESO)

3º ESO
Tema 2: Alimentación e nutrición
Mapa conceptual

Calculadora de calorías

Aquí tedes unha calculadora de calorías que se consumen en cada tipo de exercicio o profesión.
Introducindo un peso e unha duración en minutos, podedes comparar as necesidades das distintas actividades.

1) Cal é a actividade que máis consume (probade con 60 minutos)? 2) Cantas calorías fanme falta para dar 4 clases de 50 minutos? 3) 10 minutos de barrer, a cantos minutos de ciclismo (30 km/h) equivalen?

Creo que o cálculo de profesor está subestimado!!!!!! :-)

Alimentación e nutrición 3º ESO (mapa conceptual)

3º ESO
Tema 2: Alimentación e nutrición
Mapa conceptual

Esepcies en perigo: o oso e o quebraosos mortos esta semana

Esta semana dúas especies en perigo de extinción en España foron nova nos diarios.

O oso pardo (Ursus arctos). Un exemplar foi atropelado en Pedrafita (Lugo). Os osos apenas vagan por Galicia e os que chegan ata os Ancares ou Courel veñen de Asturias. En toda España quedan escasamente 100 exemplares que teñen dificultades para sobrevivir. Na páxina da Fundación Oso e do FAPAS tedes moita información.

O quebraosos (Gypaetus barbatus). Esta especie de voitre non está por Galicia, Está en perigo de extinción en España. Este exemplar, que pertence ao grupo que se está a liberar na Serra de Cazorla (Andalucía), morreu a causa do veleno. Se querede saber máis da súa historia, como se reintroduce ou o seu hábitat natural, recoméndovos: Fundación Quebrantahuesos.

sábado, 25 de octubre de 2008

Coñecendo máis o noso Sistema Solar

Novas aparecidas no xornal "El Mundo" (21/10/08)
Enviada por: Frida (2º ESO)
(Clicade nas imaxes para poder ler a noticia completa)

(Grazas Frida polo aporte

Ver os ribosomas

Noticia aparecida no xornal "El Mundo" (21/10/08)
Enviada por: Frida (2º ESO)
(Clicade na imaxe para poder ler a noticia completa)

Os ribosomas son os orgánulos celulares que sintetizan as proteínas. Por fin temos unha visión clara deles grazas a esta fotografía obtida por investigadores do CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas).

A enerxía e as súas formas

Aquí tedes unha moi boa web interactiva para comprender un pouquiño mellor os conceptos que vimos en clase: enerxía mecánica, cinética, potencial, transformacións da enerxía, etc.
Non vola perdades! Moi recomendada!


Un par de recomendacións:
1. De momento pasade directamente á páxina 9
2. Probade todas as animacións, especialmente as de enerxía cinética e potencial
3. No apartado de Documentos / Exercicios resueltos, os nº 4, 5 y 6 son como os que fixemos en clase e vos poden servir de reforzo.

Tema 2: A enerxía (2º ESO)

2º ESO
Tema 2: A enerxía
Mapa conceptual

viernes, 24 de octubre de 2008

Arquímedes e a coroa de ouro de Hierón

Nesta web podedes comprobar por vos mesmos o experimento que lle valeu a fama a Arquímedes: como descubríu que a coroa era falsa?

Tedes ademais outros experimentos que nos axudan a comprender os conceptos de masa, volume, densidade...

Hierón II, rei de Siracusa no século III a.C. e parente de Arquímedes, tiña suficiente confianza nel para suscitarlle problemas aparentemente imposibles. Certo orfebre fabricoulle unha coroa de ouro. O rei non estaba moi seguro de que o artesano obrase rectamente; podería terse gardado parte do ouro que lle entregaron e substituílo por prata ou cobre. Así que Hierón encargou a Arquímedes pescudar se a coroa era de ouro puro. Arquímedes non sabía que facer. O cobre e a prata eran máis lixeiros que o ouro. Se o orfebre engadise calquera destes metais á coroa, ocuparían un espazo maior que o dun peso equivalente de ouro. Coñecendo o espazo ocupado pola coroa (é dicir, o seu volume) podería contestar a Hierón, o que non sabía era como pescudar o volume da coroa. Arquímedes seguiu dando voltas ao problema nos baños públicos. De súpeto púxose en pé como impulsado por un resorte: deuse conta de que o seu corpo desprazaba auga fóra da bañera. O volume de auga desprazado tiña que ser igual ao volume do seu corpo. Para pescudar o volume de calquera cousa bastaba con medir o volume de auga que desprazaba. Arquímedes correu a casa, gritando unha e outra vez: "¡Atopeino, atopeino!". Encheu de auga un recipiente, meteu a coroa e mediu o volume de auga desprazada. Logo fixo o propio cun peso igual de ouro puro; o volume desprazado era menor. O ouro da coroa fora mesturado cun metal máis lixeiro, o cal dáballe un volume maior. O rei ordenou executar ao orfebre.

Tema 2: Propiedades da materia


1º ESO
Tema 2: Propiedades da materia
Mapa conceptual

martes, 14 de octubre de 2008

Stellarium: planisferio celeste virtual

Para os que vos gustara o Stellarium (planisferio celeste virtual), aquí tedes a web na que podedes descargalo gratuitamente. Ademais é unha versión máis moderna. Déixovos unhas capturas de pantalla para animarvos a que o probedes.

Páxina principal en castelán
Descargar
Guía rápida de uso

Formato en 3D máis realista e actualizado

Buscador de obxectos e control máis exacto do tempo

Constelacións coas formas imaxinadas

A materia e as súas propiedades

Para repasar os conceptos da materia e as súas propiedades, esta web vaivos ser útil:

Probade a facer as actividades e mandade os vosos resultados.

A masa e o peso

Aquí tedes o vídeo grabado pola Nasa durante a misión Apolo 15 (1971). En ausencia de aire (e polo tanto de forza de rozamento) a velocidade de caída (a aceleración) da pluma e do martelo é a mesma.

Nesta web podedes atopar unha transcrición do diario de abordo da misión.
E nesta outra web de Malaciencia, unha explicación un pouco máis complexa.

Por curiosidade, calculade o voso peso nos planetas ou nalgunhas estrelas nesa web.

lunes, 13 de octubre de 2008

Historia dunha célula


Fantástica animación. Neste vídeo pódese ver a acción dun glóbulo branco do sangue dentro dun vaso sanguíneo. Logo atravesamos a membrana celular e vemos o interior da célula e como un microtúbulo "arrastra" un gran de lípidos (graxa). Logo vemos a superficie do núcleo e como "escapa" o ARN que forma colares. Os ribosomas (verdes) sintetizan proteina (amarelo) a partir da información do ARN. Máis tarde varias vesículas fusiónanse co aparato de Golgi (azul verdoso) e as proteina son expulsadas ao exterior da célula. O vídeo remata co glóbulo branco aplanándose para poder pasar entre dúas células do capilar.

Impresionante! Algo así debe ser o interior das células se o puidéramos ver en vivo e en directo.

A descrición completa do que se ve no vídeo a tedes aquí.

Aproveito para recomendarvos este blog: Ciencia y Lejos. Nos vos perdades as "frases de famosos"

miércoles, 1 de octubre de 2008

O Universo un pouquiño máis claro

Co difícil que pode resultar entender como funciona o Universo, aquí tedes dous enlaces para intentar entendelo un pouco mellor:

A web astromia.com fai un resumo de un montón de temas relacionados co Universo, dende a súa orixe ata as estrelas, personaxes e incluso un Glosario de termos para entendelo todo. Non deixedes de visitala (por exemplo para ver como explican a orixe do Universo)


Nesta outra web poderedes ver unha animación sobre a evolución das estrelas e intentar responder a algunhas preguntas de avaliación.

Saúdos, e xa nos contaredes o que descubrides nestas páxinas.

viernes, 26 de septiembre de 2008

Un reto... celular

Tema1: A organización do corpo humano
A estrutura da célula

Creo que necesitamos repasar un pouco a estrutura da célula e os orgánulos que a forman.
Propóñovos o seguinte reto:

Nesta páxina web (que Ester localizou para nós) cóntannos un montón de cousas sobre a célula, pero ademais hai unha serie de actividades que non sei se seredes capaz de rematar. Algún ou algunha de vos pode enviarnos unha captura de pantalla coas actividade resoltas? Quen será a primeira ou primeiro en resolvelo?

- Proba nº 1: Os orgánulos subcelulares (a atoparedes no apartado "01. Estructura de la célula"
- Proba nº 2: As funcións da célula (a atoparedes no apartado "02. Funciones de la célula"
- Proba nº 3: Sopa de letras (a atoparedes no apartado "03. Niveles de organización..."

miércoles, 24 de septiembre de 2008

As placas litosféricas e as ondas sísimicas

Curso: 4º ESO
Tema1: Tectónica de placas

Aquí temos unha animación en flash na que nos amosan como se desplazan as placas da litosfera ata producir un terremoto. Fixádevos sobre todo as distintas formas nas que as placas interactúan entre elas.



Nesta outra web podedes comprobar como varían as velocidades das ondas sísmicas P e S segundo a capa da Terra que atravesen.

Sérvenos como repaso das características das ondas P e S e como se comporta cada capa da Terra ante unha onda lonxitudinal ou transversal.

A quen se atreva: (as respostas, nas páxina web citadas)

Cales son as 5 placas máis grandes?
Que tipos de ondas superficiais hai?
A que velocidade se desplaza unha onda S na corteza?

Tectónica de placas: Mapa conceptual (4º ESO)

4º ESO
Tema 1: Tectónica de placas
Mapa conceptual

martes, 23 de septiembre de 2008

Stephen Hawking visita Galicia



Este semana Stephen Hawking visitou Galicia. Fixo un tramo do Camiño de Santiago, recolleu o premio Fonseca entregado pola USC e reuniuse cun grupo de científicos da Universidade.
Buscade novas deste feito que vos falen do valor persoal e científico de Hawking. Esta é unha.

A súa páxina web oficial.

Hawking é un dos científicos máis importantes de finais do século pasado e deste. O seus traballos de física máis famosos tratan sobre o Big Bang (a orixe do Universo) ou os buracos negros. Un dos seus libros máis leidos é "Historia del tiempo. Del Big Bang a los agujeros negros". Na contraportada di: "Moitos científicos son os culpables de que a xente pense que a física é difícil de entender. Eu creo que non é así. Escribín este libro coa intención de que todos podan comprender as miñas investigacións". E agora vai publicar, xunto coa súa filla, un libro para xoves no que explica os burcos negros por medio dunha aventura dun rapaz astronauta: "La clave secreta del Universo".

Plantéxovos algunhas preguntas para investigar:

- Coñecedes algún experimento recente sobre o que opinase Hawking?
- Cal é enfermedade que padece?
- Sabedes que quería estudiar en vez de Física?
- Quenes son os que están na "foto" con Hawking? (Os Simpson non, os outros)
- Unha última curiosidade: mirade cantas entradas saen poñendo "Stephen Hawking" nun buscador (Bufff!!!)

sábado, 20 de septiembre de 2008

A organización do corpo humano: Mapa conceptual (3º ESO)

3º ESO
Tema 1: A organización do corpo humano
Mapa conceptual

jueves, 11 de septiembre de 2008

Descubrir o Big Bang no CERN

10.000 científicos
80 paises
20 anos de traballo
4.000 millóns de €
Un túnel subterráneo circular de 27 km de lonxitude a 100 metros de profundidade
Partículas á velocidade da luz (case) e a -270 ºC


Este é o que xa chamaron o maior experimento da historia. Con el coñecerase moito mellor as partículas que forman a materia, o Big Bang (a gran explosión na que se orixinou o Universo) e atoparanse novas aplicacións prácticas que aínda se descoñecen. Agora o experimento xa funciona, pero os resultados aínda terán que esperar meses ou algúns anos.

Todo isto grazas ao LHC (o acelerador de partículas) do CERN (Centro Europeo para a Investigación Nuclear).

Para saber máis:
Web do CERN
Vídeo en "La Voz de Galicia" (60 segundos)
Un profesor de Secundaria que levou os seus alumnos ao CERN e explica moitas cousas e moi interesante

- Algunhas palabras clave a investigar: CERN, LHC, acelerador de partículas, hadrón, prtón, forza forte, Big Bang

O mundo material, a materia: mapa conceptual (2º ESO)

2º ESO
Tema 1: O mundo material, a materia
Mapa conceptual

miércoles, 10 de septiembre de 2008

A Terra no Universo: mapa conceptual (1º ESO)

1º ESO
Tema 1: A Terra no Universo
Mapa conceptual