martes, 14 de octubre de 2008

Stellarium: planisferio celeste virtual

Para os que vos gustara o Stellarium (planisferio celeste virtual), aquí tedes a web na que podedes descargalo gratuitamente. Ademais é unha versión máis moderna. Déixovos unhas capturas de pantalla para animarvos a que o probedes.

Páxina principal en castelán
Descargar
Guía rápida de uso

Formato en 3D máis realista e actualizado

Buscador de obxectos e control máis exacto do tempo

Constelacións coas formas imaxinadas

3 comentarios:

  1. Hola. Somos Rus e Sara.
    Estas son as nosas respostas do examen do "stellarium":
    1-Orión.
    2-a)Géminis é o terceiro signo do zodíaco e significa "xemelgos".
    b)A lúa.
    3-Cara o Oeste.
    4-Cas e Casph.
    5-Está na constelación de Lira, pero non é un signo do zodíaco.
    7-As 8:00- 8:15 da mañá.
    8-Saturno e Mercurio.
    9-Sae polo horizonte Leste as 4 da mañá. Se quixeses si que o poderias ver!

    ResponderEliminar
  2. ola rober son Edu Rúa, podo chamarlle o "cúmulo de galaxias local" Grupo Local??

    ResponderEliminar
  3. Ola Rus, ola Sara

    Noraboa polas respostas. Fúchedes as máis rápidas e todo correcto. Xa tedes o título de Stellarimólogas.

    Edu:

    Ti podes chamarlle como queiras :-). En realidade, hai astrónomos que diferencian entre "cúmulos" e "grupos" de galaxias. Poñen o límite arredor das 50 galaxias. Como a agrupación na que se atopa a Vía Láctea ten unhas 40 galaxias, sería máis correcto chamarlle Grupo Local. Pero esta diferencia non está aceptada por todos e faise moito máis complicado.
    http://es.wikipedia.org/wiki/Agrupaciones_gal%C3%A1cticas
    Grazas polo teu comentario

    ResponderEliminar