martes, 7 de abril de 2009

A Historia da Terra... resumida

Traballo realizado polos alumnos de 4º da ESO (e un pouco de axuda).
Só puidemos chegar ata o Triásico.

viernes, 27 de marzo de 2009

Consultas meteorolóxicas

Aquí tedes dúas páxinas para facer as consultas meteorolóxicas e observar a evolución dos anticiclóns e borrascas.

1) Meteogalicia: a información meteorolóxica de Galicia. Fixádevos nos diferentes mapas que podedes ver.


E se ides ao menú da esquerda (formación>meteoescolas), aquí atoparedes os datos que imos recollendo na estación meteorolóxica do colexio.

2) Axencia española de meteoroloxía: no menú, ide a El Tiempo>Predicción>Mapa de isobaras. Hai poderedes ver a predición en forma de mapas de isobaras... e xa sabedes como interpretalas. E se lle dades ao botón de animación, o veredes... animado.


E picando no mapiña de abaixo á esquerda (rodeado cun círculo bermello), veredes a evolución das masas de aire.

A capa de ozono: proba os teus coñecementos


Nesta páxina podes atopar datos do buraco da capa de ozono.
Ao final, podes poñer a proba os teus coñecementos.

Tema 5 / 1º ESO: A atmosfera


1º ESO
Tema : A atmosfera
Mapa conceptual

O método científico

Kid Paddle no "Pqueño País" do 08/03/09



Poñémolo en práctica? :-)

(Grazas a Esther)

jueves, 29 de enero de 2009

A célula... por partes

Aquí tedes dúas páxinas web para poder estudiar máis a fondo unha célula

a) Esta web é un resumo sobre como é unha célula, os seus orgánulos principais, as tres funcións e, como sempre, ao final de cada bloque, algunha actividades para os que vos atrevades a solucinala.


b) Nesta representación podedes ver con máis detalle os orgánulos celulares e as súas funcións.

Ademais, podedes botarlle un vistazo aos recursos deste blog no tema de 3º ESO "O corpo humano"

Tema 4: A célula


4º ESO
Tema : A célula
Mapa conceptual