viernes, 27 de marzo de 2009

Consultas meteorolóxicas

Aquí tedes dúas páxinas para facer as consultas meteorolóxicas e observar a evolución dos anticiclóns e borrascas.

1) Meteogalicia: a información meteorolóxica de Galicia. Fixádevos nos diferentes mapas que podedes ver.


E se ides ao menú da esquerda (formación>meteoescolas), aquí atoparedes os datos que imos recollendo na estación meteorolóxica do colexio.

2) Axencia española de meteoroloxía: no menú, ide a El Tiempo>Predicción>Mapa de isobaras. Hai poderedes ver a predición en forma de mapas de isobaras... e xa sabedes como interpretalas. E se lle dades ao botón de animación, o veredes... animado.


E picando no mapiña de abaixo á esquerda (rodeado cun círculo bermello), veredes a evolución das masas de aire.

No hay comentarios:

Publicar un comentario