viernes, 24 de octubre de 2008

Arquímedes e a coroa de ouro de Hierón

Nesta web podedes comprobar por vos mesmos o experimento que lle valeu a fama a Arquímedes: como descubríu que a coroa era falsa?

Tedes ademais outros experimentos que nos axudan a comprender os conceptos de masa, volume, densidade...

Hierón II, rei de Siracusa no século III a.C. e parente de Arquímedes, tiña suficiente confianza nel para suscitarlle problemas aparentemente imposibles. Certo orfebre fabricoulle unha coroa de ouro. O rei non estaba moi seguro de que o artesano obrase rectamente; podería terse gardado parte do ouro que lle entregaron e substituílo por prata ou cobre. Así que Hierón encargou a Arquímedes pescudar se a coroa era de ouro puro. Arquímedes non sabía que facer. O cobre e a prata eran máis lixeiros que o ouro. Se o orfebre engadise calquera destes metais á coroa, ocuparían un espazo maior que o dun peso equivalente de ouro. Coñecendo o espazo ocupado pola coroa (é dicir, o seu volume) podería contestar a Hierón, o que non sabía era como pescudar o volume da coroa. Arquímedes seguiu dando voltas ao problema nos baños públicos. De súpeto púxose en pé como impulsado por un resorte: deuse conta de que o seu corpo desprazaba auga fóra da bañera. O volume de auga desprazado tiña que ser igual ao volume do seu corpo. Para pescudar o volume de calquera cousa bastaba con medir o volume de auga que desprazaba. Arquímedes correu a casa, gritando unha e outra vez: "¡Atopeino, atopeino!". Encheu de auga un recipiente, meteu a coroa e mediu o volume de auga desprazada. Logo fixo o propio cun peso igual de ouro puro; o volume desprazado era menor. O ouro da coroa fora mesturado cun metal máis lixeiro, o cal dáballe un volume maior. O rei ordenou executar ao orfebre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario