domingo, 14 de diciembre de 2008

Táboa periódica dos elementos químicos

Nesta web tedes unha táboa periódica interactiva para que curioseedes.

Para guiarvos un pouco, aquí vos deixo algunhas preguntas para responder (fixádevos ben que son moi sinxelas):

- Só dous elementos son líquidos a temperatura ambiente, cales? - Para que se utiliza o gas Argón? - De onde ven o nome de Iridio? - Que elemento sólido ten a temperatura de fusión máis alta?

A por elas!

3 comentarios:

  1. Ola Rober!Somos (outra vez) Rus e Sara.

    -Só dous elementos son líquidos a temperatura ambiente, cales?
    Mercurio e Bromo (Hg e Br)
    -Para que se utiliza o gas Argón?
    É empregado para reducir o quentamento do filamento das bombillas.
    -De onde ven o nome de Iriodo?
    Do latín Iris.
    -Que elmento sólido ten a temperatura de fusión máis alta?
    O Carbono, cuns 3527 ºC

    Bueno, aquí quedan resoltas as preguntas.Coidamos que están ben

    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  2. Hola Rober son Iago e gustaríame dicirche que xa sei a pregunta que nos dixeches na clase, a de cal é o elemento co punto de fusión máis alto, é o carbono, como por exemplo: o diamante. Tamén formulaches no blog dous preguntas: cales son os dous elementos que están en estado líquido á temperatura ambiente que son o mercurio, por exemplo utilizado para as pilas; e o bromo, que se pode utilizar na tratamento das auga usadas e na purificación dista.Respecto á pregunta de onde ven o nome de iridio;pois creo que veñe do latín.

    ResponderEliminar
  3. Noraboa Rus, Sara e Iago.
    Sodes os afortunados gañadores do concurso "Atopa o elemento químico". As respostas son todas correctas.
    Grazas por participar e polo interese que amosades.

    Roberto.

    ResponderEliminar