jueves, 11 de septiembre de 2008

Descubrir o Big Bang no CERN

10.000 científicos
80 paises
20 anos de traballo
4.000 millóns de €
Un túnel subterráneo circular de 27 km de lonxitude a 100 metros de profundidade
Partículas á velocidade da luz (case) e a -270 ºC


Este é o que xa chamaron o maior experimento da historia. Con el coñecerase moito mellor as partículas que forman a materia, o Big Bang (a gran explosión na que se orixinou o Universo) e atoparanse novas aplicacións prácticas que aínda se descoñecen. Agora o experimento xa funciona, pero os resultados aínda terán que esperar meses ou algúns anos.

Todo isto grazas ao LHC (o acelerador de partículas) do CERN (Centro Europeo para a Investigación Nuclear).

Para saber máis:
Web do CERN
Vídeo en "La Voz de Galicia" (60 segundos)
Un profesor de Secundaria que levou os seus alumnos ao CERN e explica moitas cousas e moi interesante

- Algunhas palabras clave a investigar: CERN, LHC, acelerador de partículas, hadrón, prtón, forza forte, Big Bang

2 comentarios:

  1. Despois de leer toda esta noticia furonme xurxindo unhas preguntas.

    Se ti dis que esa investigacion é para saber como se creou a terra, eso non poderia facer un buraco negro que nos tragase a todos?

    Espero a tua resposta

    [b][u]Miguel Rodríguez[/u][/b]

    ResponderEliminar
  2. Hei! Eu non digo iso. Dino os físicos que participan no experimento. Pero si, entre as noticias aparecen algunhas que din que se podería crear un "mini-buraco negro". De feito algúns extremistas rexeitaron o experimento ou se prepararon para o fin do mundo.
    Mirade este vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=Rlk05h1nLHY
    E esta é a resposta do CERN: http://portalhispano.org/wordpress/?p=727
    Parece que a probabilidade de que nos quedemos sen clases en breve por culpa do experimento é bastante escasa. :-)

    ResponderEliminar