martes, 23 de septiembre de 2008

Stephen Hawking visita Galicia



Este semana Stephen Hawking visitou Galicia. Fixo un tramo do Camiño de Santiago, recolleu o premio Fonseca entregado pola USC e reuniuse cun grupo de científicos da Universidade.
Buscade novas deste feito que vos falen do valor persoal e científico de Hawking. Esta é unha.

A súa páxina web oficial.

Hawking é un dos científicos máis importantes de finais do século pasado e deste. O seus traballos de física máis famosos tratan sobre o Big Bang (a orixe do Universo) ou os buracos negros. Un dos seus libros máis leidos é "Historia del tiempo. Del Big Bang a los agujeros negros". Na contraportada di: "Moitos científicos son os culpables de que a xente pense que a física é difícil de entender. Eu creo que non é así. Escribín este libro coa intención de que todos podan comprender as miñas investigacións". E agora vai publicar, xunto coa súa filla, un libro para xoves no que explica os burcos negros por medio dunha aventura dun rapaz astronauta: "La clave secreta del Universo".

Plantéxovos algunhas preguntas para investigar:

- Coñecedes algún experimento recente sobre o que opinase Hawking?
- Cal é enfermedade que padece?
- Sabedes que quería estudiar en vez de Física?
- Quenes son os que están na "foto" con Hawking? (Os Simpson non, os outros)
- Unha última curiosidade: mirade cantas entradas saen poñendo "Stephen Hawking" nun buscador (Bufff!!!)

No hay comentarios:

Publicar un comentario