miércoles, 24 de septiembre de 2008

As placas litosféricas e as ondas sísimicas

Curso: 4º ESO
Tema1: Tectónica de placas

Aquí temos unha animación en flash na que nos amosan como se desplazan as placas da litosfera ata producir un terremoto. Fixádevos sobre todo as distintas formas nas que as placas interactúan entre elas.



Nesta outra web podedes comprobar como varían as velocidades das ondas sísmicas P e S segundo a capa da Terra que atravesen.

Sérvenos como repaso das características das ondas P e S e como se comporta cada capa da Terra ante unha onda lonxitudinal ou transversal.

A quen se atreva: (as respostas, nas páxina web citadas)

Cales son as 5 placas máis grandes?
Que tipos de ondas superficiais hai?
A que velocidade se desplaza unha onda S na corteza?

2 comentarios:

  1. 1./ Cales son as 5 placas máis grandes?:

    Placa Pacífica, Placa Africana, Placa Sudamericana, Placa Euroasiática e Placa Norteamericana.

    2./ Que tipos de ondas superficiais hai?

    Dous tipos: "Rayleigh" e "Love".

    3./ A que velocidade se desplaza unha onda S na corteza?

    A: 3,5 - 4,6 km/h aproximadamente.

    Ahí quedan resoltas, creo que están correctas, xa me dirás en clase.

    Saúdos, Cяaшl (Arturo).

    ResponderEliminar
  2. Arturo: todo correcto. Noraboa.

    ResponderEliminar