Esta semana dúas especies en perigo de extinción en España foron nova nos diarios.
O oso pardo (
Ursus arctos). Un exemplar foi atropelado en Pedrafita (Lugo). Os osos apenas vagan por Galicia e os que chegan ata os Ancares ou Courel veñen de Asturias. En toda España quedan escasamente 100 exemplares que teñen dificultades para sobrevivir. Na páxina da
Fundación Oso e do
FAPAS tedes moita información.
O quebraosos (
Gypaetus barbatus). Esta especie de voitre non está por Galicia, Está en perigo de extinción en España. Este exemplar, que pertence ao grupo que se está a liberar na Serra de Cazorla (Andalucía), morreu a causa do veleno. Se querede saber máis da súa historia, como se reintroduce ou o seu hábitat natural, recoméndovos:
Fundación Quebrantahuesos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario