Para os que vos gustara o Stellarium (planisferio celeste virtual), aquí tedes a web na que podedes descargalo gratuitamente. Ademais é unha versión máis moderna. Déixovos unhas capturas de pantalla para animarvos a que o probedes.
Páxina principal en castelán
Descargar
Guía rápida de uso
martes, 14 de octubre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Hola. Somos Rus e Sara.
ResponderEliminarEstas son as nosas respostas do examen do "stellarium":
1-Orión.
2-a)Géminis é o terceiro signo do zodíaco e significa "xemelgos".
b)A lúa.
3-Cara o Oeste.
4-Cas e Casph.
5-Está na constelación de Lira, pero non é un signo do zodíaco.
7-As 8:00- 8:15 da mañá.
8-Saturno e Mercurio.
9-Sae polo horizonte Leste as 4 da mañá. Se quixeses si que o poderias ver!
ola rober son Edu Rúa, podo chamarlle o "cúmulo de galaxias local" Grupo Local??
ResponderEliminarOla Rus, ola Sara
ResponderEliminarNoraboa polas respostas. Fúchedes as máis rápidas e todo correcto. Xa tedes o título de Stellarimólogas.
Edu:
Ti podes chamarlle como queiras :-). En realidade, hai astrónomos que diferencian entre "cúmulos" e "grupos" de galaxias. Poñen o límite arredor das 50 galaxias. Como a agrupación na que se atopa a Vía Láctea ten unhas 40 galaxias, sería máis correcto chamarlle Grupo Local. Pero esta diferencia non está aceptada por todos e faise moito máis complicado.
http://es.wikipedia.org/wiki/Agrupaciones_gal%C3%A1cticas
Grazas polo teu comentario